Nas Ondas Galegas

Unha viaxe pola historia da música galega e lusófona

O PODCAST

Abella Producións presenta o seu proxecto: NAS ONDAS GALEGAS. Un podcast no que facemos un percorrido pola historia da música galega e brasileira. O proxecto vai dirixido aos melómanos da nosa influencia lusófona, por iso é presentado en galego e portugués polo noso equipo.

O proxecto que presentamos pretende crear unha plataforma web onde o idioma e a cultura de Galicia sexan o eixe para a presentación da música galega e brasileira nas súas variadas vertentes. A plataforma pretende ser un instrumento para promover a riqueza da música galega e brasileira e aproveitar o bo momento actual para xerar novos públicos e novos territorios para a música producida en Galicia e no Brasil.

Os programas están presentados en galego e portugués, coa finalidade de abrir xunto á comunidade lusófona unha oportunidade de crear espazos e oportunidades para a música e o idioma galego.

Un podcast no que facemos unha viaxe pola historia da música galega e brasileira. Desde as orixes, pasando polos imprescindibles do folk, rock, samba e bossa nova, ata chegar ao máis mainstream.

REALIZACIÓN

Os promotores deste proxecto xa viñan traballando nesta idea cando realizaban o Festival Primavera do Cine, o festival de cinema lusófono máis importante do noso territorio. O intercambio cultural e etnográfico de ambas as comunidades unidas para sempre pola lingua é unha das grandes motivacións para desenvolver proxectos coma o que presentamos, para difundir a música galega a través do uso da Internet, con foco na lusofonía.

Son seis episodios por tempada nos que os condutores do programa viaxan por diferentes estilos e xéneros da música de autoría ou na lingua galega, transmitindo unha sorte de antoloxía musical contemporánea na nosa lingua. A Internet rompe barreiras e achega persoas e culturas, aproveitar o potencial desta ferramenta posibilita a difusión dunha cousa fundamental para nós: a nosa lingua.

Nada mellor ca a música para achegar as persoas e espertar o sentimento da curiosidade, para buscar outras culturas e outros lugares.

As conversas e a análise do contexto das pezas musicais faranse tanto en galego coma en portugués.

CONDUTORES

O podcast está realizado e conducido por:

André de Oliveira

Poeta, artista visual e xestor cultural, é licenciado en Artes Visuais por Unigranrio e realizou un curso de formación para xestores públicos e axentes culturais na UERJ (Brasil). Foi concelleiro de cultura e turismo na cidade de Duque de Caxias, Brasil. Participou de diversos movementos culturais no Brasil, entre eles: o grupo cultural Utópicus, o Cineclube Mate Con Angu e a Lira de Ouro. Fundou e presidiu a Radio Quarup FM, na cidade de Duque de Caxias. Autor do libro de poesías Manual práctico para uso de obxectos sensíbeis. Actualmente vive na cidade de Vigo na España, onde actúa na produtora Abella Producións, onde xa participou das producións do Festival Internacional de Cinema Primavera do Cine de Vigo e do Galician Freak Film Festival, alén de actuar no Festival Internacional de Poesía Kerouac.

Juan de Castro

Vén do eido da enxeñería e a arquitectura, mais na última década concentra todas as súas enerxías na xestión cultural, como Experto Universitario en Xestión Cultural pola USC, e na produción de proxectos cinematográficos e eventos culturais. Presidente e capitán de Abella Producións e director do GFFF e de Cinema Miúdo de Ames. Foi convidado como xurado e programador en festivais e mostras de cinema en España e Portugal como Cinanima, FIC Verín, ou Motel X. É xestor do The Wild Fest e foi director do Festival Primavera do Cine.

Míriam P. Álvarez

Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Facultade de Ciencias da Información da UCM. Comeza a súa andaina colaborando como voluntaria en eventos culturais na cidade de Vigo. Desempeñou a labor de Axudante de Dirección nos Festivais Primavera do Cine (2018-2019) e GFFF - Galician Freaky Film Festival (2017-2021), asumindo a Subdirección deste último desde 2022. Membro de Abella Producións desde o seu nacemento desempeña tarefas de produción, financiación, comunity manager e/ou edición de vídeo nos distintos proxectos da productora. No eido do audiovisual desenvolveu tarefas de axudante de produción e dirección en varios videoclips do grupo Broken Peach (I miss you, Late night sessions, Like a Gale…). Presenta e produce desde 2021 o programa youtubeiro Ministerio do Cinema Freak e Cinema Caníbal centrados na divulgación de cinema.

Tempada I

UNHA VIAXE POLA HISTORIA DA MÚSICA GALEGA

Primeira tempada de 6 programas na que facemos unha viaxe pola historia da música galega. As orixes, os imprescindibles do folk, rock, pop ata chegar ao máis mainstream. A plataforma pretende ser un instrumento para promover a riqueza da musica e aproveitar o bo momento actual proporcionado polo actual éxito da musica galega para xerar novos públicos e novos territorios para a musica producida na Galicia.

Programa 1

O folclore galego

Revisión do conxunto de artes trasladadas á música e costumes no noso idioma. O reino de Galicia, unha soa lingua.

Programa 2

O son do Camiño

Neste programa imos abordar as achegas musicais no Camiño de Santiago, as músicas e artistas que tiveran ou foran inspirados polo seu percorrido.

Programa 3

O rock galego

Quen di que no se pode bailar rock galego... Neste programa imos presentar os referentes do rock galego e amosar que Galicia tamén é rock ́n roll

Programa 4

Música popular

O galego tamén é pop, neste programa imos presentar aos artistas e músicas máis famosas de Galicia, desde a Rianxeira, pasando por Carlos Núñez, sen deixar fóra as famosas orquestras, porque hoxe é día de festa no noso podcast.

Programa 5

Os imprescindibles

Ese programa contará cunha coidadosa selección, de perlas galegas, algunhas non foron moi difundidas, mais merecen ser coñecidas polo mundo.... comezando polos nosos primos de lingua lusófonos.

Programa 6

Ollando para o futuro

Galicia mira para o futuro, sexa coa súa industria, sexa co turismo, nós queremos presentar ese futuro de Galicia e do galego a través de súa cultura e de súa música, neste programa presentaremos a nova xeración da musica galega e con ela imos romper as barreiras... as fronteiras e presentar ao mundo... o que a nosa Galicia ten.

Tempada II

UNHA VIAXE POLA HISTORIA DA MÚSICA BRASILEIRA

Esta segunda tempada do podcast Nas Ondas Galegas - Atravessando o Charco pretende viaxar cara o Brasil e a súa rica música. Queremos amosar as conexións entre o xigante sur americano e a Galicia.

Programa 1

Os primeiros sons brasileiros

Neste episodio imos amosar un chisco das raíces da música brasileira, imos presentar un pouco da música indíxena que era a música do territorio antes da colonización portuguesa e da chegada dos escravos vidos de Africa. Tamén presentaremos os primeiros artistas brasileiros e algunha música de distintas rexións. Falaremos tamén destas primeiras conexións coa música de Galicia.

Programa 2

Samba, bossa nova e outras cousiñas

Neste episodio imos presentar un pouco da historia dos ritmos brasileiros. Comezaremos pola samba, un xénero musical creado en Brasil a partir da influencia da música dous escravos que chegaron ao país. Seguiremos coa bossa nova, outro xénero musical brasileiro que está influenciado pola samba e o jazz, o xénero foi creado na zona de elite da cidade de Río de Janeiro, mentres que a samba era orixinaria das favelas. Sen dúbida, a bossa nova foi un dos grandes responsables de inserir a música e a cultura brasileiras no mundo. Tamén abordaremos outras variantes musicais como o chorinho, un prezado xénero musical pouco coñecido no mundo. Un dos dous principais instrumentos musicais da samba é o pandeiro, coñecido en Galicia como pandeireta, hai algunha conexión?

Programa 3

Rock Brasil. Um lugar do caralho

Neste episodio imos facer una viaxe polo potente rock brasileiro. Neste xenero musical non hai tantos nomes coñecidos no escenario internacional, mais Brasil ten muito artistas e grupos de rock de calidade facendo o bo e vello rock`n roll. A canción “Um lugar do caralho” de Raúl Seixas, aseméllase a unha outra galega, será que tivo algunha influencia?

Programa 4

Mistura Brasil

Forró, funk, cocô, embolada, Brasil é un auténtico caldeiro de ritmos musicais. Neste episodio imos presentar un pouco desta rica diversidade. Tamén imos abordar as posibles influencias da música galega na música brasileira.

Programa 5

Os imprescindibles

Este programa é para gozar do mellor da Música Popular Brasileira, neste episodio escoitarás unha constelación de artistas e cancións como: Tom Jobim, Caetano Veloso, Chico Buarque de Holanda, Maria Bethania, Elis Regina, Gilberto Gil, Vinicius de Moraes ... uf .... hai tantos que non creo que entren nun só programa. Buscaremos se hai algunha inspiración, inflúe o alento divino dalgunha superestrela brasileira coa música galega. Tamén falamos do paso destes artistas polo noso país.

Programa 6

Para onde vai o Brasil?

Neste episodio queremos abordar un Brasil musical que vai máis alá dos grandes nomes, un Brasil que se mestura con outros países e culturas para xerar novos produtos e perspectivas culturais. Un xigante que quere seguir sendo unha potencia cultural. Neste episodio mostraremos posibilidades e algunhas colaboracións entre artistas actuais brasileiros e galegos.

Tempada III

PORTUGAL - CRUZANDO A RAIA

Nesta terceira tempada do noso podcast, emprendemos unha viaxe pola música onde as melodías se entrelazan para tecer unha historia de profundas conexións entre dúas terras irmás: Galicia e Portugal. Desde tempos inmemoriais, estas rexións compartiron máis que fronteiras xeográfica, comparten unha historia entrelazada pola música, a cultura e a identidade. Exploraremos os ritmos e melodías que resoaron ao longo dos séculos, unindo estas dúas terras nun vínculo eterno de harmonía e tradición.

Programa 1

A história da música Galaico-Portuguesa

Este episodio mergúllase nas profundidades da historia compartida entre Galicia e Portugal a través da súa música. Desde os cantares de xesta medievais ata as influencias árabes e celtas, exploraremos como a música foi un reflexo da identidade e as experiencias compartidas destes dous pobos ao longo dos séculos. A través de exemplos musicais e análises históricas, descubriremos como a música galaico-portuguesa evolucionou e enriqueceuse co paso do tempo, servindo como un testemuño vivo da conexión entre estas dúas culturas.

Programa 2

O fado

O fado, xénero musical emblemático de Portugal, é o centro de atención deste episodio. Exploraremos a melancolía e a paixón que caracterizan a este xénero único, así como a súa profunda conexión coa cultura e a identidade portuguesa. Desde os seus humildes comezos nas rúas de Lisboa ata o seu recoñecemento como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO, desentrañaremos os misterios e as emocións que envolven ao fado e o seu impacto na música portuguesa.

Programa 3

Música de protesto

Neste episodio, penetrámonos no poderoso mundo da música de protesta en Portugal. Desde as cancións revolucionarias que acompañaron as loitas pola liberdade e a xustiza social ata as voces dos artistas que desafían o status quo a través das súas letras e melodías, exploraremos como a música foi unha ferramenta vital para expresar as inxustizas e as aspiracións do pobo portugues principalmente as musicas que foron referencias no 25 de abril que este ano conmemora seu 50 aniversario

Programa 4

Descolonizando a musica portuguesa

Este episodio céntrase nas influencias dás antigas colonias e outras influencias globais na música de Portugal. Exploraremos como os ritmos e os sons de África e Brasil deixaron unha marca indeleble na música portuguesa, así como a influencia doutras culturas e tradicións musicais na creación dun mosaico sonoro único e diverso nesta rexión. Desde a música tradicional ata a fusión contemporánea, descubriremos como estas influencias enriqueceron e diversificaron o panorama musical portugués.

Programa 5

O pop português

Neste episodio, mergullámonos no vibrante mundo do pop portugués. Desde os íconos do pop portugués ata os artistas emerxentes que están a dar forma ao panorama musical contemporáneo, exploraremos a evolución e a diversidade do pop en Portugal e a súa relación coa música portuguesa. A través de exemplos musicais e entrevistas con artistas, descubriremos como o pop portugués reflicte a identidade e as experiencias compartidas da sociedade portuguesa, así como a súa conexión coa música de Galicia.

Programa 6

As novidades

Neste episodio final, exploramos as últimas novidades na música portuguesa. Desde novos talentos emerxentes ata as últimas tendencias e fusións musicais, descubriremos como a música de Portugal segue evolucionando e reinventándose no século XXI. Exploraremos as novas fronteiras da música portuguesa e como continúa inspirando e emocionando ás audiencias en todo o mundo.

Colaboradores

Nas Ondas Galegas | Unha viaxe pola historia da música galega e lusófona | Un podcast no que facemos unha viaxe pola historia da música galega e brasileira. Desde as orixes, pasando polos imprescindibles do folk, rock, samba e bossa nova, ata chegar ao máis mainstream.