Nas Ondas Galegas - Tempada I

UNHA VIAXE POLA HISTORIA DA MÚSICA GALEGA

O PODCAST

Abella Producións presenta o seu último proxecto do ano: NAS ONDAS GALEGAS. Un podcast de dúas tempadas con 6 programas cada unha delas no que faremos un percorrido pola historia da música galega e brasileira. O proxecto vai dirixido aos melómanos da nosa influencia lusófona, por iso será presentado en galego e portugués polo noso equipo.

Tempada I

Tempada I

Unha tempada de 6 programas no que faremos unha viaxe pola historia da música galega. As orixes, os imprescindibles do folk, rock, pop ata chegar ao máis mainstream. A plataforma pretende ser un instrumento para promover a riqueza da musica e aproveitar o bo momento actual proporcionado polo actual éxito da musica galega para xerar novos públicos e novos territorios para a musica producida na Galicia. Alén do formato informativo da web, a plataforma facilita 6 podcasts, con programas producidos específicamente para o proxecto, onde serán abordados os distintos momentos e estilos da música galega.

Programa 1

O folclore galego

Revisión do conxunto de artes trasladadas á música e costumes no noso idioma. O reino de Galicia, unha soa lingua.
Programa 2

O son do Camiño

Neste programa imos abordar as achegas musicais no Camiño de Santiago, as músicas e artistas que tiveran ou foran inspirados polo seu percorrido.
Programa 3

O rock galego

Quen di que no se pode bailar rock galego... Neste programa imos presentar os referentes do rock galego e amosar que Galicia tamén é rock ́n roll
Programa 4

Música popular

O galego tamén é pop, neste programa imos presentar aos artistas e músicas máis famosas de Galicia, desde a Rianxeira, pasando por Carlos Núñez, sen deixar fóra as famosas orquestras, porque hoxe é día de festa no noso podcast.
Programa 5

Os imprescindibles

Ese programa contará cunha coidadosa selección, de perlas galegas, algunhas non foron moi difundidas, mais merecen ser coñecidas polo mundo.... comezando polos nosos primos de lingua lusófonos.
Programa 6

Ollando para o futuro

Galicia mira para o futuro, sexa coa súa industria, sexa co turismo, nós queremos presentar ese futuro de Galicia e do galego a través de súa cultura e de súa música, neste programa presentaremos a nova xeración da musica galega e con ela imos romper as barreiras... as fronteiras e presentar ao mundo... o que a nosa Galicia ten.
Colaboradores

Nas Ondas Galegas | Unha viaxe pola historia da música galega e lusófona | Un podcast de dúas tempadas e seis programas cada unha no que facemos unha viaxe pola historia da música galega e brasileira. As orixes, os imprescindibles do folk, rock, samba, bossa nova ata chegar ao máis mainstream.