Nas Ondas Galegas - Tempada II

UNHA VIAXE POLA HISTORIA DA MÚSICA BRASILEIRA

O PODCAST

Abella Producións presenta o seu último proxecto do ano: NAS ONDAS GALEGAS. Un podcast de dúas tempadas con 6 programas cada unha delas no que faremos un percorrido pola historia da música galega e brasileira. O proxecto vai dirixido aos melómanos da nosa influencia lusófona, por iso será presentado en galego e portugués polo noso equipo.

Tempada II

Tempada II

Esta segunda edición do podcast Nas Ondas Galegas - Atravessando o Charco pretende viaxar cara o Brasil e a súa rica música. Queremos amosar as conexións entre o xigante sur americano e a Galicia.

Programa 1

Os primeiros sons brasileiros

Neste episodio imos amosar un chisco das raíces da música brasileira, imos presentar un pouco da música indíxena que era a música do territorio antes da colonización portuguesa e da chegada dos escravos vidos de Africa. Tamén presentaremos os primeiros artistas brasileiros e algunha música de distintas rexións. Falaremos tamén destas primeiras conexións coa música de Galicia.
Programa 2

Samba, bossa nova e outras cousiñas

Neste episodio imos presentar un pouco da historia dos ritmos brasileiros. Comezaremos pola samba, un xénero musical creado en Brasil a partir da influencia da música dous escravos que chegaron ao país. Seguiremos coa bossa nova, outro xénero musical brasileiro que está influenciado pola samba e o jazz, o xénero foi creado na zona de elite da cidade de Río de Janeiro, mentres que a samba era orixinaria das favelas. Sen dúbida, a bossa nova foi un dos grandes responsables de inserir a música e a cultura brasileiras no mundo. Tamén abordaremos outras variantes musicais como o chorinho, un prezado xénero musical pouco coñecido no mundo. Un dos dous principais instrumentos musicais da samba é o pandeiro, coñecido en Galicia como pandeireta, hai algunha conexión?
Programa 3

Rock Brasil. Um lugar do caralho

Neste episodio imos facer una viaxe polo potente rock brasileiro. Neste xenero musical non hai tantos nomes coñecidos no escenario internacional, mais Brasil ten muito artistas e grupos de rock de calidade facendo o bo e vello rock`n roll. A canción “Um lugar do caralho” de Raúl Seixas, aseméllase a unha outra galega, será que tivo algunha influencia?
Programa 4

Mistura Brasil

Forró, funk, cocô, embolada, Brasil é un auténtico caldeiro de ritmos musicais. Neste episodio imos presentar un pouco desta rica diversidade. Tamén imos abordar as posibles influencias da música galega na música brasileira.
Programa 5

Os imprescindibles

Este programa é para gozar do mellor da Música Popular Brasileira, neste episodio escoitarás unha constelación de artistas e cancións como: Tom Jobim, Caetano Veloso, Chico Buarque de Holanda, Maria Bethania, Elis Regina, Gilberto Gil, Vinicius de Moraes ... uf .... hai tantos que non creo que entren nun só programa. Buscaremos se hai algunha inspiración, inflúe o alento divino dalgunha superestrela brasileira coa música galega. Tamén falamos do paso destes artistas polo noso país.
Programa 6

Para onde vai o Brasil?

Neste episodio queremos abordar un Brasil musical que vai máis alá dos grandes nomes, un Brasil que se mestura con outros países e culturas para xerar novos produtos e perspectivas culturais. Un xigante que quere seguir sendo unha potencia cultural. Neste episodio mostraremos posibilidades e algunhas colaboracións entre artistas actuais brasileiros e galegos.
Colaboradores

Nas Ondas Galegas | Unha viaxe pola historia da música galega e lusófona | Un podcast de dúas tempadas e seis programas cada unha no que facemos unha viaxe pola historia da música galega e brasileira. As orixes, os imprescindibles do folk, rock, samba, bossa nova ata chegar ao máis mainstream.